
[Consultar disponibilidad]
PVP. 18,50€
O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais.
A ira dos mansos é unha magnífica novela policial, cun acusado enfoque social, que propón unha viaxe de superación de moitos prexuízos, cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á reflexión.
Escrita cun estilo directo, rápido, eficaz, sen adobíos, a novela apóiase nun gran sentido do humor, ás veces ácido e cínico, e nunha trama que nos atrapa, e que nos obriga a seguir lendo, colocándonos contra as cordas á hora de percibir o que é e non é pertinente dentro das convencións sociais, e poñendo en valor as persoas que traballan con colectivos con síndrome de down.
A ira dos mansos é unha novela negra cunha historia trepidante que trata sobre a inclusión, a dignidade e o respecto.
- ISBN: 978-84-9121-101-3
- EAN: 9788491211013
- Fecha de edición: 1 de Octubre de 2016 2016
- Nº edición: 01
- Nº páginas: 192
- Encuadernación: Rústica
- Peso: 299gr
- Dimensiones:
145 cm x 220 cm
- Materias: LITERATURA / NOVELA NEGRA Y POLICIACA /