EN SALVAXE COMPAÑA. 9788497829304

[Consultar disponibilidad]

PVP. 22,95€

Avisar si vuelve a estar disponible.

Os círculos agochados da realidade emerxen como espirais de fume, en inesquecibles imaxes poéticas, pero tamén en forma de refachos de vento e chuvia, de tormentas que desvelan perturbadores segredos e vidas conmovedoras.
A señora do pazo, Misia, relata como os trescentos corvos que debuxan a paisaxe do ceo son os poetas-guerreiros do último rei de Galicia. Un sacerdote, Don Xil, explícalle a unha moza campesiña, Rosa, que as pinturas das fermosísimas mulleres que se descobren nas paredes da igrexa son retratos de pecadoras. Un rato, Matacáns, cazador furtivo na súa primeira vida, é atrapado por un gato que non é outro que o gaiteiro e anarquista Arturo de Lousame. Un morcego, Gaspar, relátalle o seu suicidio a un lagarto que vai en peregrinación a San Andrés de Teixido...
Todo fala. Persoas, animais e paxaros recrean a identidade universal do sentimento. Viaxan do pasado ao presente e contra a adversidade. E as súas voces, feitas de humor e tenrura, tecen esta gran novela de Manuel Rivas, agora reeditada e revisada de forma definitiva polo autor.


  • ISBN: 978-84-9782-930-4
  • EAN: 9788497829304
  • Fecha de edición: 1 de Noviembre de 2008 2008
  • Nº edición: 02
  • Nº páginas: 192
  • Encuadernación: Rústica
  • Peso: 299gr
  • Dimensiones: 145 cm x 220 cm
  • Materias: LITERATURA /

Otros productos de RIVAS, MANUEL